ESCOLA 2015/2016

As clases de canto e pandeireta comezan xa esta semana.

Anímate a vir! Aínda estás a tempo!

11879081_531442810344327_7815811388834940573_o

Advertisements

CURSO DE PERCUSIÓN TRADICIONAL

10900235_424854631003146_1720977841364799387_o

Imparte: Ramón Corral Blanco
Horario: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 (8 horas)
Prezo: 25 euros
Lugar: Auditorio Municipal de Ponteareas
Para inscrición: sadeopandereteiras@gmail.com
692 892 206
Data límite de inscrición: 25 de Xaneiro ás 00:00 horas.

*Este curso está orientado a persoas con nivel medio/alto relacionadas coa música tradicional. Todo aquel/a que asistise ó curso deberá levar tambor/bombo, ou ambos se tivera.

RAMÓN CORRAL BLANCO

Ramón Corral Blanco nace en Ortigueira (A Coruña) en 1989. Comeza a súa formación en percusión na banda de gaitas Xarabal á corta idade de sete anos.

Como integrante da devandita banda acode a importantes festivais por toda a xeografía peninsular e mesmo Francia. Participa no Festival Celta de Ortigueira, e no Festival Intercéltico de Lorient, nos que intervén como solista en diversos instrumentos de percusión.

No ano 2002 funda o cuarteto tradicional Anacos de Buxo, do que forma parte, e co que grava o disco “Sempervirente”, presentado na RTVG e en festivais, como o de Toxos e Xestas en Barcelona. Este cuarteto consegue numerosos premios en concursos de música tradicional.

Gañadores dos Concursos de Cuartetos de Ponteareas, o de Manuel Texo de Vedra, o de Musica Tradicional de Ortigueira, entre outros. Permanece no citado grupo ata o ano 2009. Membro durante tres anos do cuarteto Rédea Solta, co que gaña durante dous anos consecutivos o concurso de Ponteareas, amais de obter outros premios noutros certames.

Como percusionista ten acompañado a gaiteiros de recoñecido prestixio, entre eles, Pedro Álvarez Fariñas, Pablo Devigo, Xurxo Fernández, Oscar Ibáñez… cos que tamén acada numerosos premios en varios concursos como: Gaiteiros solistas de Soutelo de Montes, Concurso Manuel Villanueva, ou no Concurso Manuel Dopazo…

Así mesmo, durante o ano 2010 é compoñente do grupo Pelepau. Dende o ano 2009 vén desenvolvendo o labor de artesán de gaitas na sé do Obradoiro Antón Corral.

Ademais da súa tarefa artesanal, dende o ano 2011 ata o ano 2013 participa como profesor de percusión na banda de gaitas San Xoán do Centro Cultural de Paramos, e dirixe na mesma Asociación a formación musical do grupo de baile San Xoán.

Na actualidade:

– Colaborador de percusión na Banda de Gaitas Xarabal de Vigo

Aulas en funcionamento

Este curso 2014/2015 xa temos dúas aulas en funcionamento dende outubro:

Pandeireta e canto: martes de 20:30h a 22h.
Mestra: Nuria Gesteira.

Baile tradicional: mércores de 20h a 21h.
Mestre: Fran García.

Ambas impártense no Centro Social de Ponteareas.
Se estades interesados en anotarvos, non o dubidedes! Aínda quedan prazas.

Escola 2014/2015

O mércores día 15 de outubro terá lugar unha reunión informativa sobre as clases de iniciación ó baile tradicional galego da A. C. Sadeo. Será ás 20:30h no Centro Social de Ponteareas (Rúa Oriente, 12).

Recordade que as dúas primeiras clases son para probar sen compromiso calquera das nosas actividades.

Se estás interesad@ contacta con nós!

10604722_377122035776406_4655980357746274250_o

CONCURSO “DESEÑA A IMAXE DE SADEO”

CONCURSO “DESEÑA A IMAXE DE SADEO”

En “Sadeo Pandereteiras” queremos apostar por un vestiario con personalidade abrindo un concurso no que a vosa creatividade sexa a protagonista.
Queremos darlle nome á nosa roupa. Podedes presentarvos tódolos que teñades unha idea; non necesitades ser profesionais, só sacar a vosa orixinalidade e mandarnos ese deseño.
Buscamos innovación, sen perder nunca a esencia tradicional.
O/A gañador/a recibirá un premio que consta de:
– Sesión no Palacio da Auga de 2 horas e cea con menú “Os Pazos”
* Válido para 2 persoas no Balneario de Mondariz (Pontevedra)
– Publicidade en facebook, blog, actuacións, etc., do nome ganador e, por tanto, deseñador/a do noso vestiario.

maniqui_
BASES DO CONCURSO:
– O deseño debe ser inédito e conter detalles con raíz do vestiario tradicional galego.
– Queremos aclarar que só queremos un deseño. A confección e os gastos correspondentes para levar a cabo o deseño gañador correrán a cargo de “Sadeo”.
– Tódolos deseños enviaranse a sadeopandereteiras@gmail.com.
– Data límite de presentación: 7 de Xullo de 2014.
– O xurado estará composto polas 5 compoñentes de Sadeo:
_ Nuria Gesteira Iglesias
_ Flor Diez Fernandez
_ Lucia Pérez Groba
_ Veronica RodrIguez Carrera
_ Andrea Pino Fernández


CONCURSO “DISEÑA LA IMAGEN DE SADEO”

diseño-vestuarioEn “Sadeo Pandereteiras” queremos apostar por un vestuario con personalidad abriendo un concurso en el que vuestra creatividad sea la protagonista.
Queremos darle nombre a nuestra ropa. Podéis presentaros todos los que tengáis una idea; no necesitáis ser profesionales, sólo sacar vuestra originalidad y mandarnos ese diseño.
Buscamos innovación, sin perder nunca la esencia tradicional.
El/La ganador/a recibirá un premio que consta de:
– Sesión en el Palacio del Agua de 2 horas y cena con menú “Os Pazos”
* Válido para 2 personas enel Balneario de Mondariz (Pontevedra)
– Publicidad en facebook, blog, actuaciones, etc., del nombre ganador y, por tanto, diseñador/a de nuestro vestuario.

BASES DEL CONCURSO:

– El diseño debe ser inédito y contener detalles con raíz del vestuario tradicional gallego.
– Queremos aclarar que sólo queremos un diseño. La confección y los gastos correspondientes para llevar a cabo el diseño ganador correrán a cargo de “Sadeo”.
– Todos los diseños se enviarán a sadeopandereteiras@gmail.com.
– Fecha límite de presentación: 7 de Julio de 2014.
– El jurado estará compuesto por las 5 componentes de Sadeo:
_ Nuria Gesteira Iglesias
_ Flor Diez Fernandez
_ Lucia Pérez Groba
_ Veronica RodrIguez Carrera
_ Andrea Pino Fernández

textile11

SADEO PANDERETEIRAS NO INTERTASCA

SADEO PANDERETEIRAS NO INTERTASCA

A A. C. As Nadelas de Caión e o Colectivo Didáctico Xurde organizan para o domingo 1 de xuño o primeiro Encotro da Música e a Cultura Tradicional Galega INTERTASCA.
Terá lugar na parroquia de Golmar (Concello de A Laracha).
Haberá actividades durante todo o día: roteiro tasqueiro, mostra e coloquio de artesanía tradicional, concertos – baile, cursos, xogos, comida e bebida.
SADEO Pandereteiras participaremos nos concertos da tarde, xunto con grupos coma os Fonte Suairas, etc.
Se queredes disfrutar dunha boa festa vide o día 1 a Golmar!

Clases de pandeireta e canto tradicional

images2

O pasado mes de xaneiro comezamos coas clases de pandeireta e canto tradicional para adultos.

Lugar: Centro Social de Ponteareas

Horario: Mércores de 20h a 21:30h

Anímate, que aínda quedan prazas… ven a SADEO!!!

Comeza a nosa escola…

1385248_242198172602127_509500387_n

Clases do grupo de acceso

En Sadeo queremos crecer e, para iso, en setembro comezaremos coas clases do noso grupo de acceso.

Se che interesa unirte ó noso proxecto non o dubides. Envíanos un email a sadeopandereteiras@gmail.com e porémonos en contacto contigo.

SADEO no XXIV Concurso de Música Tradicional da A.X. Xacarandaina

Un trofeo non é máis ca iso e, aínda así, aí estamos: 3º Premio onte en Xacarandaina.
Noraboa ás Lagharteiras e Trébede.
Gracias a todos polos ánimos e as felicitacións…
Non somos grandes… VÓS FACÉDESNOS GRANDES!!!

%d bloggers like this: